Centro de recente creación, foi fundado o 2 de febreiro de 2002 e os seus estatutos legalizados o 10 de xuño dese mesmo ano.
Carece de sede social propia e nun principio a sede social estaba ubicada na Avda. de la Sierra, 37 de San Sebastián de los Reyes mentras que as actividades as levaban a cabo nun local cedido polo Concello desa localidade. No ano 2003 o concello cedeulles ademais un despacho.
A entidade ten rexistrados 42 socios dos cales 12 son galegos de nacemento e o resto descendentes de galegos.